Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Mércores Xuño 12, 2019 »
Mér

Ábrese o prazo (21/05/2019-21/06/2019) para facer a solicitude de axudas no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar segundo a ORDE do 3 de maio de 2019 (enlace).

 

Para cubrir por medios informáticos ir aquí. É necesario ter a chave 365, ou certificado dixital

poden acceder desde>>>>

 

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 ou

directamente en https://sede.xunta.gal/portada co código ED330B

NOTA INFORMATIVA

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO MATRICULADO NA ESO NO CURSO ESCOLAR 2019/2020

 

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto

 

Instrucións

 

  • Alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
  • Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. A solicitude será única para todos os fillos. Debe presentala no centro no que está matriculado no 2018-2019.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Hai que ter a  Chave365 ou certificado dixital.
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. Recoller o impreso en conserxería. OU PODEN DESCARGALO AQUÍ, CUMPLIMENTALO DESDE O ORDENADOR E ENTREGAR NO IES, XUNTO COA DOCUMENTACIÓN.
  • A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.
  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 21/05/2018 e rematará o día 21 de xuño de 2018 (este incluído).
  • Documentación a achegar ás solicitudes: As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude: anexo I e II) a seguinte documentación:
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios.  
  • De ser o caso, faría falta:
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

 

 

 

Obrigas das persoas beneficiarias:

 

1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18 (....) A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2018/19.

2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2018/19 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.

3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.

4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut