Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Marzo 07, 2019
Start: 07/03/2019

Do xoves 7 ao sábado 9, o alumnado de 3º de ESO de Bioloxía Bilingüe, realizará unhas xornadas de inmersión lingüística -en inglés- en Os Peares (co grupo Socratea). Saen do centro ás 08.20h e regresan o sábado arredor das 20.00h. 

Actividade de vela adaptada en Baiona. Ciclo. Todo o día. 

Sostibilidade. “Análise medioambiental das augas”, taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.

  • De 8.20h a 9.10h, 2º A (ITI) 
  • De 9.10h a 10.20h, 2º B (TIT) 
Venres Marzo 08, 2019

Do xoves 7 ao sábado 9, o alumnado de 3º de ESO de Bioloxía Bilingüe, realizará unhas xornadas de inmersión lingüística -en inglés- en Os Peares (co grupo Socratea). Saen do centro ás 08.20h e regresan o sábado arredor das 20.00h. 

Start: 08/03/2019

O grupo de teatro SondoSon asistirá aos Encontros Caixa Escena de Galicia, que terán lugar do venres 8 ao domingo 10 de marzo na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.  Sairán do centro ás 12.20h e regresarán o domingo pola tarde. 

Sábado Marzo 09, 2019
Start: 07/03/2019
End: 09/03/2019

Do xoves 7 ao sábado 9, o alumnado de 3º de ESO de Bioloxía Bilingüe, realizará unhas xornadas de inmersión lingüística -en inglés- en Os Peares (co grupo Socratea). Saen do centro ás 08.20h e regresan o sábado arredor das 20.00h. 

O grupo de teatro SondoSon asistirá aos Encontros Caixa Escena de Galicia, que terán lugar do venres 8 ao domingo 10 de marzo na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.  Sairán do centro ás 12.20h e regresarán o domingo pola tarde. 

Domingo Marzo 10, 2019
Start: 08/03/2019
End: 10/03/2019

O grupo de teatro SondoSon asistirá aos Encontros Caixa Escena de Galicia, que terán lugar do venres 8 ao domingo 10 de marzo na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.  Sairán do centro ás 12.20h e regresarán o domingo pola tarde. 

Luns Marzo 11, 2019

O alumnado de Relixión de Bacharelato do noso IES inicia os preparativos para o concurso que está a organizar e que se realizará na semana cultura: “Ti Verás en Relixión” e faino cun casting de concursantes!

Martes Marzo 12, 2019

Durante tres días, os alumnos de Bioloxía Bilingüe de 3ºESO estiveron completamente inmersos na lingua de Shakespeare no campamento Centropeares, nos Peares, en Ourense. Nesta fermosa vila conflúen os dous ríos máis grandes de Galicia, onde o Sil se encaixona antes de verter as súas augas no Miño. 

Os monitores propuxéronlles unha serie de actividades, algunhas máis académicas e outras máis deportivas, co fin de mellorar a súa competencia lingüística en inglés. E si, segungo a profesora da materiia que organizaou a saída, a inmersión funciona!

O grupo de teatro do noso centro, dirixido pola profesora Ánxela Doval, foi seleccionado para participar nos Encontros Caixa Escena celebrados en Vigo, na Escola Superior de Artes Escénicas de Vigo. Dende o venres 8 ata o domingo ao mediodía, asistiron a unhas intensas xornadas de formación con alumnos e alumnas de grupos de teatro de centros de Panxón, Coruña, Lugo, Asturias e Madrid. Unhas xornadas ben interesantes que non esquecerán e que mellorarán as súas producións! 

Podedes ler máis sobre a actividade no blog da biblioteca.

Mércores Marzo 13, 2019

O 8 de marzo,Día da Muller Traballadora, a nosa compañeira Isabel Fernández Rey representou o IES de Porto do Son na gala de homenaxe ás mestras. O Concello celebraba este día poñendo en valor o papel da muller no labor docente. O acto comezou coa inauguración da exposición  'As mans que moven O Son', organizada pola Sonora Asociación Cultural para, a continuación darlles voz ás profesoras convidadas. Contaron das súas experiencias, das transformacións, das loitas e das esperanzas... Agasalláronas cunha escultura coa lenda "As mans que nos ensinan". Un acto fermoso. Iniciativas como esta sempre son necesarias. 

Actividade de formación en Lexislación e marco legal no medio natural. Ciclo. De 09.00h a 14.15h. 

Venres Marzo 15, 2019

As alumnas de Antropoloxía de 1º de Bacharelato, no marco da Sostibilidade e o Día da Muller, investigaron sobre o ECOFEMINISMO. Souberon así das mulleres que cren que as transformacións necesarias non poden ser posibles sen ter en conta a visión feminina da problemática da Terra. No blog da biblioteca podedes ler a entrada. 

Alá por agosto, unha moza sueca comezou a mobilizarse contra o cambio climático. Greta Thunberg foi quen de crear un movemento que axitou as conciencias e que nos levou ata este 15M DO CAMBIO CLIMÁTICO, o #FridaysForFuture.

Andamos enredados en exames, pero aínda así un grupo de mozos e mozas de 4º de ESO, Rita, Otho, Érika e María, decidiron actuar, posicionarse, facernos pensar. No primeiro recreo mostráronnos un cartel e leron un manifesto. Este manifesto no que, sendo novos como son, nos dan aos adultos e á clase política unha lección de compromiso! REPARADE NEL, ACTUADE, UNÍDEVOS A ESTA CADEA de loita pola TERRA, polo FUTURO! 

Por fin chegou o día, o momento no que os alumnos do IES do Porto do Son nos levantamos nunha soa voz para facer algo importante, para mostrar que non nos imos quedar quietos ante algo que estamos vendo a cotío, para que futuras xeracións non te an que vivir nun mundo peor.

Temos tempo para cambiar, aínda que sexa pouco. Temos  11 anos para cambiar a nosa forma de acturar, para que non sexa irreversible o dano que lle estamos facendo ao noso planeta. Sei que parece moito tempo, pero non é tan sinxelo cambiar a mentalidade de tantas xeraci óns que estiveron contaminando este planeta durante tanto tempo.

Estou canso de que as empresas se lucren para seren só  eles os que se beneficien.  Sinceramente, non vexo l óxico que se perda vida por gañar diñeiro, por facerse un pouco máis ricos. .

Non só  temos que concienciarnos nós, teñen que concienciarse tamén as seguintes xeraci óns para que sigan a nosa loita, que non crean que haxa  unha restrición de idade para intentar facer isto posible. Facer que a xente non sexa tan egocéntrica, que comecemos a pensar en todas e todos. Hoxe reunímonos aquí por esta causa, aínda que sexamos poucos, pero agardo que mañá sexamos moitos máis. Xa temos unha idade para deixar de falar e comezar a actuar.

Comezou Greta, nós seguimos e agardamos que vós tamén sigades!

O traballo do IES arredor da Sostibilidade vai dando froitos, vai xerando sementes! Sementes e árbores que han medrar cunha esperanza de futuro e que hoxe plantaron coa profesora de Bioloxía:

Luns Marzo 18, 2019

Sostibilidade. “Depuración de augas”. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.

  • De 10:20h a 11:10h, 2ºC (FQ) 
  • De 11:10h a 12:00h, 2ºA (FQ)
  • De 16:20h a 17:10h, 2ºB (FQ)
Xoves Marzo 21, 2019

De 8.20h a 14.00h, Campionato interzonal de Orientación en Boiro. Xogade. Alumnado de 2º a 4º de ESO. 

De 10.30h a 11.30h, charla de Sandra Becerra (Cámara de Comercio de Santiago) sobre emprendemento. Alumnado do ciclo. Na aula aula. 

Venres Marzo 22, 2019

Onte Sandra Becerra, da Cámara de Comercio de Santiago, impartiu para o ciclo unha charla sobre emprendemento, dentro do ciclo de actividades organizadas polo departamento de Economía. 

Imos ao Campionato provincial! Así de ben o fixeron os mozos e mozas que onte participaron no Campionato Interzonal de Orientación en Boiro, dentro do programa XOGADE. 1º Posto infantil, Silvia Pego, 2º infantil masculino, Alejandro Torres, 1º posto cadete feminino, Nerea Oujo e Eloi, 2º cadete masculino! Terceiros por institutos! FANTÁSTICA COMPETICIÓN! PARABÉNS!!!!

Domingo Marzo 24, 2019

Ler para entender, ler para ser críticos, ler para denunciar, ler para actuar! Guía da sostibilidade! Proposta lectora do equipo de biblioteca:

guia de lectura

More presentations from etikeles
Martes Marzo 26, 2019

Achégase o 1 de abril, o Día das Artes Galegas, que este ano homenaxea a Luís Seoane. O equipo de biblioteca quere facer visible entre a comunidade educativa a obra deste galego recoñecido internacionalmente pola súa valía. O seu labor como artista e como escritor. 

Faremos actividades que acompañarán a exposición que podedes ver no corredor do instituto e que vos achegamos nesta presentación:

Luís Seoane. Día das Artes Galegas

More presentations from etikeles
Luns Abril 01, 2019
Start: 01/04/2019 10:00
End: 01/04/2019 12:00

De 10.00h a 12.00h, Ciclo: Ciclismo adaptado para persoas con diversidade funcional con DisCamino.

Sostibilidade. “Mellora da xestión. Posibilidades de futuro”. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca. RECUPERACIÓN DESTA SESIÓN QUE FORA CANCELADA. 

  • De 16.20h a 17.10h, 2ºB (FQ)     
  • De 17.10h a 18. 00h, 2ºC (ITI)

Mañá, 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. O Departamento de Orientación e o grupo de Correspondentes Xuvenís, "as nosas anteas informativas",  sumáronse á campaña  de sensibilización  do colectivo de persoas con autismo e as súas familias, participando activamente nas diferentes actividades propostas. 

Destacamos especialmente a implicación de todo o profesorado e o alumnado do IES  que, baixo o lema elixido I ♾Autismo, participou compartindo un mix de infinitos xestos fotografados e recollidos nun  mural; así mesmo, dun xeito simbólico, as portas de entrada ao recinto están decoradas dun azul intenso, coa finalidade de visibilizar o noso compromiso coa inclusión e integración.

IES PORTO DO SON, I ♾Autismo.... infinito compartido por toda a comunidade educativa. Parabéns!!!!!

Este é o portal da Campaña, lede, informádevos!

Martes Abril 02, 2019
Start: 02/04/2019 13:30

Do 2 ao 6 de abril, viaxe a Dublín alumnado de 4º ESO TEC bilingüe. Saída ás 13.30h. Ás 13.10h saen da aula para organizarse. Regreso aproximado ás 17.30-18.00.  

Start: 02/04/2019

Do martes 2 ao xoves 4, formación na Escola de Desporto e  Lazer de Melgaço, alumnado do ciclo, co centro de Arteixo. 

Mércores Abril 03, 2019

Sostibilidade. “Depuración de augas”, taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca. RECUPERACIÓN SESIÓN APRAZADA

  • De 08.20h a 09.10h, 2ºC (TIT) 
  • De 12.20h a 13.10h, 2ºA (FQ)
  • De 13.10h a 14.00h, 2ºB (ITI) 
Xoves Abril 04, 2019

Do 2 ao 6 de abril, viaxe a Dublín alumnado de 4º ESO TEC bilingüe. Saída ás 13.30h. Ás 13.10h saen da aula para organizarse. Regreso aproximado ás 17.30-18.00.  

Start: 02/04/2019
End: 04/04/2019

Do martes 2 ao xoves 4, formación na Escola de Desporto e  Lazer de Melgaço, alumnado do ciclo, co centro de Arteixo. 

De 16.45h a 18.00h, Contamos contos aos nenos da ludoteca, na Biblioteca Municipal. Alumnado do club de lectura e de teatro. Colaboración do equipo de biblioteca coa OMIX, no marco do Día da Literatura Infantil e Xuvenil (2 de abril). 

Venres Abril 05, 2019

Do 2 ao 6 de abril, viaxe a Dublín alumnado de 4º ESO TEC bilingüe. Saída ás 13.30h. Ás 13.10h saen da aula para organizarse. Regreso aproximado ás 17.30-18.00.  

Venres 5 de abril, Salón do Libro de Pontevedra. Alumnado dos clubs de lectura. De 8.20h a 14.30h.

Sábado Abril 06, 2019
Start: 02/04/2019 13:30
End: 06/04/2019 17:30

Do 2 ao 6 de abril, viaxe a Dublín alumnado de 4º ESO TEC bilingüe. Saída ás 13.30h. Ás 13.10h saen da aula para organizarse. Regreso aproximado ás 17.30-18.00.  

Distribuir contido

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut