Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Outubro 30, 2018 »
Mar

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

Como cada dous anos renóvase o Consello Escolar, seguindo as instruccións derivadas da RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018.

Temos que renovar as seguintes vacantes, que xunto co director e o xefe de estudos, suman os 18 membros do Consello Escolar:

  • 1 nai/pai/titor-a legal
  • 2 membros do alumnado
  • 4 membros do profesorado
  • (ANPA e Concello escollerán aos seus propios representantes)

Aportamos aquí o calendario aprobado pola Xunta Electoral escollida por sorteo o día 18/10/2018.

Nos adxuntos a esta comunicación poden baixar os modelos de impreso para presentar as súas candidaturas (do día 29/10 ao día 07/11/2018), o calendario do proceso e as competencias propias do Consello Escolar.

Grazas pola súa participación.

PROCESO ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR

Tendo en conta o Decreto 92/1988, do 28 de abril modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a resolución do RESOLUCIÓN  do 25 de setembro de 2018, (DOG do Luns, 8 de outubro de 2018 ) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar:

DATAS

ACTUACIÓNS

18 OUTUBRO 2018

● Sorteo público, ás 11,30 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral.

●   Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral

25 OUTUBRO 2018

Primeira reunión da Xunta Electoral:

▪ Acto da súa constitución

▪ Aprobación do calendario de actuacións.

▪ Publicación nos taboleiros de anuncios:

        a) Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.

        b) Dos correspondentes censos electorais.

▪ Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes.

Do 29/10 ao 7/11  2018

● Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na Secretaría do Centro.

8-Novembro

(XOVES) 2018

●   Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral

 

14-Novembro, 10:00

(LUNS) 2018

●    Segunda reunión da Xunta Electoral:

▪ Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.

▪ Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...

▪ Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

19-Novembro

(LUNS) 2018

●    Comezo das distintas campañas electorais. 19/11 - 23/11/2018

●   Envío de:

▪   Citacións para a constitución das distintas mesas electorais.

▪   Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral

●    Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas, Relación de candidaturas, Acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o día 23.

26-Novembro

(Luns) 2018

Eleccións

▪ Profesorado. Pola mañá de 10 a 12:20

▪ Alumnado. Pola mañá nas clases.

▪ Pais/Nais. Pola tarde a partir das 18:00 horas ata as 21:00 horas

▪ P.A.S.: Pola mañá 11:00 a 12:00

27-Novembro

(Mércores) 2018

   Terceira e última reunión da Xunta Electoral:

▪ Proclamación e publicación de candidatos electos.

▪ Traslado  das actas das mesas electorais ao titular da delegación provincial.

●    Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar.  (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril)

29-Decembro

(Xoves) 2018

   Celebración de reunión do novo Consello Escolar:

▪ Constitución do Consello..

▪ Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.

▪ Constitución do Observatorio da Convivencia Escolar.

Antes do 20 de decembro 2018

● Envío ao xefe territorial do formulario que se publica como anexo I e anexo II da RESOLUCIÓN  do 25 de setembro de 2018

IES de Porto do Son a 17/09/2018

 

Sesión informativa dos servizos médicos do Barbanza. Aportarán ao profesorado pautas para a atención de problemáticas de saúde do noso alumnado (diabetes, epilepsia, alerxias, etc.). Pola tarda. Hora pendente de concretar. 

Taller de GALP (Grupo de Acción Costeira), para 2º de ESO (sostibilidade), na biblioteca:

  •  De 8:20h a 09:10h, 2ºA (TIT) “A biodiversidade e problemas de conservación”.
  •  De 12:30h a 13:10h, “A pesca no entorno. Problemas e melloras”.

 

O noso I.E.S. fai entrega ao alumnado participante dos premios acadados na 3ª edición do concurso bíblico escolar de Cataluña que tiña como lema: "¡Señor, enséñame a ser feliz a dar paz!". Neste concurso participaron 78 centros de diferentes localidades españolas cun total de 3.853 alumnos/as participantes aos que lles enviaron un obsequio pola súa participación: un DVD con dúas películas e unha pulseira téxtil coa palabra PAZ máis un Novo Testamento para cada centro e para cada alumno/a premiada xunto cun diploma. Ademais, Laura e Clara recibiron unha mención especial polo seus traballos! Parabéns!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut