blogue derfcarril

Enjoy the summer!!!

A bittersweet farewell

Velaquí estamos Marisa, Martiña, Olalla e Raquel, a metade do Dpto. de Inglés. Faltan na foto Begoña, Christian, Jan, Mercedes e Víctor. Agora que remata o curso, doume conta de que, a pesar de todas as dificultades que nos fomos atopando, foi un curso estupendo. Foi incrible comprobar como persoas que nunca traballaramos xuntas fomos quen coordinarnos tan ben. Porén, o mellor, sen dúbida, foi a boísima relación que establecemos, que transcendeu o meramente profesional. O vindeiro curso cada un e unha de nós estará nun destino distinto, pero sempre nos quedará a lembranza do Pontepedriña para sacarnos un sorriso. Graciñas, de corazón, por un fantástico ano, compis!

 

De pé a pa 22

Coma todos os anos, presentamos a nosa revista De pé a pa, que xa vai polo número 22. Agardamos que vos guste!!!

We'll miss you, Chris!

Cando en setembro coñecemos a Christian Young, o noso auxiliar de conversa en inglés, non sabiamos a sorte que tiñamos de contar con el. Parece mentira que só estiveses un curso con nós, porque te imos botar moito en falta. We wish you the best of luck!

 Descargar fotos

Black History Month

Happy Easter!!!

Happy St. Patrick's Day

Happy St. David's Day!

Happy Valentine's Day!!!

Concurso Odisea

Gloria Rodríguez, compi do Dpto. de Latín e Grego, animou o seu alumnado de 4ESO e 1ºBach a participar no Concurso Odisea 2019, que se desenvolveu en rede. A rapazada participou con tanto entusiasmo que mesmo o grupo formado por Paula Alfonsín e Carla Penas pasou á fase final. Parabéns!!!

 

Distribuir contido