Alumnos

OBRADOIRO DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO

02/04/2013 00:40
01/10/2013 00:00
Etc/GMT+1

RECURSOS LABORAIS EN SYMBALOO

( categories: )

Reunión Club de Lctura

Presentámosvos aquí as fotos dunha das reunións informais que este grupo realiza na biblioteca cada 15 días. Estamos a ler Ollos de Auga de Domingo Villar.

Reunión do Club de Lectura on PhotoPeach

Xuntanza dos Esquíos Lectores co libro "Asmir no quiere pistolas"

     Deixamos aquí e no noso blog da biblioteca "Biblioaponte" a reportaxe gráfica sobre a actividade que fixemos o luns 4 de abril para traballar e recapacitar un pouquiño sobre a triste realidade que lle toca vivir ó protagonista do libro que limos "Asmir no quiere pistolas", un rapaz que vive a traxedia da guerra de Bosnia dende o punto de vista dos refuxiados. Cóntanos como é a súa viaxe ata Viena, os medos  e as alegrías que ten, a morriña pola súa terra e sobre todo, a lembranza polo seu pai, que non puido viaxar con eles. Un libro moi recomendable, fermoso e triste á vez.

     A xuntanza consistiu nun picnic, que tomamos ó aire libre no coidado céspede do noso instituto. Tivemos moita sorte co día, porque estivo moi asollado. Cando rematamos de xantar e reposar un pouquiño, fomos directamente á nosa biblioteca a traballar e realizar un pequeno resumo  dos personaxes e a viaxe, que fixemos entre todos. Quedou reflectido nun mural que se pode ver  colgado na biblioteca.

GRADUACIÓN DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º DE BACHARELATO

promocion 2010

 Noraboa a todos e todas e que sigades alcanzando os vosos horizontes. Dende o IES Ponteceso moita sorte en todo, e que saibades que nunca marchachedes do instituto, seguimos véndonos e compartindo esperanzas e realidades. 

 
jorgito
 
andrea

.... Levamos con nós unha gran base de aprendizaxe, pero non só de matemáticas, literatura ou ciencias..., levamos con nós uns valores....

marta
( categories: )
Distribuir contido