Novas Biblioteca

Guías de lectura para o verán 2012

 

 

 Como xa vai rematando o curso, na biblio elaboramos unhas  pequeniñas guías de lectura con algunhas das novidades e clásicos en galego e en castelán, para a ESO e para Bacharelato, en definitiva: para todos os gustos. Se vedes que nas guías non hai nada que vos convenza, non deixedes pasar pola biblioteca  e deixarvos aconsellar. Veredes que tamén puxemos un expositor de novidades.

Hai moito onde escoller.

 

Aquí tedes as guías:


 

 

( categories: )

VISITA DO POETA PACO SOUTO

 

O pasado 15 de maio veunos dar unha especie de visita un poeta e dramaturgo galego chamado Paco Souto.        

    Paco é un poeta malpicán que realizou con nós unha pequena actividade porque os nenos e nenas do Club de Lectura “Os esquíos lectores”, de 1º e 2º de ESO, lemos un dos seus libros de poesía, As horas de María, que gañou o premio de poesía Jhan Carballeira. Nel os poemas inspíranse nunha campesiña de finais do século XIX e metade do XX, que é unha idealización das súas dúas avoas e do seu mundo. Conta as emocións e frustracións dunha muller en diversas situacións: a chegada de novos inventos como a lavadora e a trelevisión, as vivencias e rutinas como traballadora da terra... e mais os seus problemas persoais.

            Máis tarde recitou algúns dos seus poemas preferidos, entre os que escollemos o preferido da maioría dos esquíos lectores, incluída a profesoa Gelines.de que nos comentara varios aspectos do libro, respondeu ás nosas preguntsa. Para el a poesía “non se pode tomar ao pé da letra” e  a linguaxe poética “posúe outros significados que non son os da lingua coloquial”.

 

CARTA ÚLTIMA

 

Querido Manuel
dous puntos
mándoche esta
para que saibas que estamos ben
os rapaces medran como liño
e cando te queres dar de conta
xa é tempo de mazalo
a besta vai parideira
e non deixa andar de a cabalo
A Roxa e a Morita están secas
dúas crías trouxo a Linda
e claro
non xuntamos un cuartillo
Polo demais
todo ben

O Andresiño
vai aprender de zapateiro á Coruña
quintas e sextas
pola noite
á escola que di o tolo de Froxel
cas Lola

A nena
é un caravel que me sae do peito
e non se me quita de diante
vou ao río alá vén ela
estro as cortes alá está ela
chamo ao gando
e nin podo coller herba
con mamá calquera a deixa!
agora mesmo
non para de andarme entre as letras
e a ti
como che vai a guerra?
 

 

 

Boletín X&Q do mes de maio

A biblioteca volve sacar boletín: O X&Q do mes de maio no que atoparedes novas da cultura, actividades levadas a cabo no centro e recomendacións da biblioteca... Esperamos que vos guste.

Preguntas da Semana 4: Do 7 ao 11 de maio

E xa chegamos ao remate do concurso. Estas son as preguntas para a última semana do Maratón Cultural.
Moito ánimo!!!!

Preguntas semana 3: Do 30 de abril ao 4 de maio

Máis preguntas para esta semana. 

Ánimo que xa queda pouco!!!

Distribuir contido