Pais/Nais

8 de marzo, Día da Muller no IES Ponteceso

Por desgraza, segue sendo necesario celebrar un día específico no que se defenden os dereitos naturais das mulleres. No século XXI, nacer muller segue a ser unha dificultade engadida, por iso dende o IES Ponteceso levamos catro anos visibilizando mulleres que loitaron nun mundo de homes.
Podedes ver as mulleres deste ano  de dúas formas: para vagos na presentación breve de abaixo e para xente curiosa, nunha presentación máis completa que inclúe biografía, xusto debaixo da primeira colección de imaxes.
 
 


( categories: )

DÍA DA PAZ, ACTOS DO 29 DE XANEIRO NO IES PONTECESO.

 

A paz é o fogar do ser humano. A súa casa; construída coa materia da que está feita a dignidade humana e que só terá sentido se nela estamos todos. 

Moitos seres humanos viven no outro extremo da existencia. Evidenciar estas situacións é un paso; o coñecemento nos responsabiliza.

Moitos son os que, nun mundo cada vez máis accesible, traballan por estes homes e mulleres invisibles.

Son os verdadeiros construtores da paz e hoxe, especialmente, mostrámoslle o noso recoñecemento.

 

Este día, 29 de xaneiro, limos fragmentos de libros que relatan situacións de inxustiza que soportan moitos seres humanos, e nos invitan a facer unha reflexión persoal e colectiva.

 

( categories: )

FELIZ ANO 2010 A TODOS E TODAS

O IES de Ponteceso, desexa a toda a comunidade educativa un feliz ano 2010 e que se vaian materializando, co traballo de todos e todas, os proxectos postos en marcha para levar aos nosos alumnos e alumnas a mellor educación que podamos.

 

Unha forte aperta a todos e a todas.

( categories: )

PRÓXIMOS DÍAS

 DATA

   

MATRÍCULA (de 9:00 a 14:00 horas)

   
7 de Setembro Entrega de notas ás 11:00 de 1º bacharelato, todos os cursos da ESO e todos os cursos da ESA (ed. adultos)    NON HAI TRANSPORTE Matrícula para todos os cursos 2009-2010 Matrícula para selectividade Reclamacións formais de notas de 2º de bacharelato
8 de Setembro   Matrícula para todos os cursos 2009-2010   Reclamacions notas para 2º de Bacharelato, 1º de Bacharelato, ESO e ESA
9 de Setembro   Matrícula para todos os cursos 2009-2010   Reclamacions notas para  1º de Bacharelato, ESO e ESA
10 de Setembro   Matrícula para todos os cursos 2009-2010    
11 de Setembro  claustro (10:30 horas)      
( categories: )
Distribuir contido