Club de lectura

VISITA DO POETA PACO SOUTO

 

O pasado 15 de maio veunos dar unha especie de visita un poeta e dramaturgo galego chamado Paco Souto.        

    Paco é un poeta malpicán que realizou con nós unha pequena actividade porque os nenos e nenas do Club de Lectura “Os esquíos lectores”, de 1º e 2º de ESO, lemos un dos seus libros de poesía, As horas de María, que gañou o premio de poesía Jhan Carballeira. Nel os poemas inspíranse nunha campesiña de finais do século XIX e metade do XX, que é unha idealización das súas dúas avoas e do seu mundo. Conta as emocións e frustracións dunha muller en diversas situacións: a chegada de novos inventos como a lavadora e a trelevisión, as vivencias e rutinas como traballadora da terra... e mais os seus problemas persoais.

            Máis tarde recitou algúns dos seus poemas preferidos, entre os que escollemos o preferido da maioría dos esquíos lectores, incluída a profesoa Gelines.de que nos comentara varios aspectos do libro, respondeu ás nosas preguntsa. Para el a poesía “non se pode tomar ao pé da letra” e  a linguaxe poética “posúe outros significados que non son os da lingua coloquial”.

 

CARTA ÚLTIMA

 

Querido Manuel
dous puntos
mándoche esta
para que saibas que estamos ben
os rapaces medran como liño
e cando te queres dar de conta
xa é tempo de mazalo
a besta vai parideira
e non deixa andar de a cabalo
A Roxa e a Morita están secas
dúas crías trouxo a Linda
e claro
non xuntamos un cuartillo
Polo demais
todo ben

O Andresiño
vai aprender de zapateiro á Coruña
quintas e sextas
pola noite
á escola que di o tolo de Froxel
cas Lola

A nena
é un caravel que me sae do peito
e non se me quita de diante
vou ao río alá vén ela
estro as cortes alá está ela
chamo ao gando
e nin podo coller herba
con mamá calquera a deixa!
agora mesmo
non para de andarme entre as letras
e a ti
como che vai a guerra?
 

 

 

El Baile de Irène Némirovsky

 

Esta será a nosa próxima lectura do club: EL BAILE de Iréne Némirovsky.


Trátase dunha pequena novela na que se retrata unha familia de novos ricos, Os Kampf, cuxo único obxectivo na vida é seren aceptados pola sociedade burguesa do París dos anos 20 e todo iso a costa das relacións familiares coa filla da parella. Un sorprendente relato escrito pola brillante e cultísima  novelista de orixe ucraína Irène Némirovsky quen , se cadra,  viviu nas súas propias carnes situacións similares. A biografía da escritora tamén daría para unha boa película pola súa andaina persoal e por que a súa morte, coma nunha traxedia grega, tivo lugar na cámara de gas do campo de exterminio nazi de Auschwitz.

 

 


Glogster de "Ollos de auga"

Pequeno traballo elaborado polo club trala lectura de Ollos de Auga de Domingo Villar

A ver se vos gusta. 

Clicade na foto para velo.


Reunión Club de Lctura

Presentámosvos aquí as fotos dunha das reunións informais que este grupo realiza na biblioteca cada 15 días. Estamos a ler Ollos de Auga de Domingo Villar.

Reunión do Club de Lectura on PhotoPeach

Presentación club de lectura 2011/12

Todo un éxito, como xa vén sendo habitual, a presentación dos clubs de lectura no instituto. Parece que isto de alimentar o corpo e a mente éche moi  efectivo .

Gozade do vídeo


Distribuir contido