Mochilas viaxeiras

mochilas viaxiras

No IES Ponteceso estamos facendo un esforzo para mellorar a biblioteca e convertila nun lugar atractivo de traballo e tamén de lecer. Temos xa un fermoso espazo e imos mellorando os nosos fondos pouco a pouco.

Coincidindo co DÍA DO LIBRO (23 abril) unímonos ao programa "mochilas viaxeiras" de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA para achegarvos parte da nosa biblioteca á casa. Esperamos que disfrutedes con este material e que vos animedes a visitarnos.

Gustaríanos que as familias ás que cheguen as mochilas, nos désedes a vosa opinión sobre este proxecto, e tamén sobre o material que seleccionamos na libretiña que vai na mochila.

Un saúdo desde a biblioteca.

CONCURSO PONTE A PROBA

O Mércores 2 de Abril damos comenzo ao concurso "PONTE A PROBA". Se queres participar podes consultar as bases na páxina de Actividades.

BASES DO CONCURSO PONTE A PROBA

 

( categories: )

1º PREMIO DE POESÍA EDUARDO PONDAL

O IES Ponteceso convoca o 1º Premio de poesía Eduardo Pondal para alumnos de secundaria da comarca de Bergantiños. Podes consultar as bases no seguinte arquivo. ¡Anímate a participar!.

Bases do 1º Premio de poesía Eduardo Pondal  

( categories: )

A SEMANA CULTURAL

Unha grande variedade de actos

na Semana Cultural

Á volta das vacacións de Semana Santa, temos a Semana Cultural. Seguimos con actividades que tradionalmente veñense realizando estes últimos anos como a xornada de portas abertas onde os centros educativos da zona visitannos para que lles amosemos as instalacións; o obradoiro de espazos verdes; os obradoiros de debuxo, e tamén teremos actividades novedosas organizadas polos diferentes departamentos, conferencias e charlas, proxeccións, e esperemos ter unha radio escolar para emitir ao concello programas desenvolvidos por profesores, alumnos e colaboradores.

( categories: )
Distribuir contido