ANTONIO VEGA

 

Acábase de cumprir un ano do falecemento do músico madrileño Antonio Vega e dende a nosa biblioteca queremos renderlle  unha pequena e sentida homenaxe a este monstro do pop español

Antonio Vega Tellés naceu en Madrid en decembro de 1957  e xa de moi novo , en 1978,  montou a banda Nacha Pop xunto co seu curmán Nacho García Vega e xuntos lanzaron un dos seus maiores éxitos Chica de ayer seguido doutros durante os nove anos que durou a formación  como Buena disposición (1982); Más números, otras letras (1983); Una décima de segundo (1984); Dibujos animados (1985) y El momento (1987), mais o cansazo e os problemas coas drogas de Antonio levaron á disolución do grupo. Pouco mais tarde Vega comezou a súa carreira en solitario cun estilo máis intimista pero  que tivo desiguais resultados. Entre o mellor desa etapa destacaremos El sitio de mi recreo, baladas que mesturaban o mellor da súa colleita en solitario co seu típico son en Nacha Pop.Desde entón colaborou con numerosísimos artistas do panorama musical español dado o seu prestixio e non parou de editar discos e xirar por teatros ata que o sorprendeu a morte con 51 anos vítima dun cancro de pulmón que lle fora detectado meses antes.

 

( categories: )