Actividades de Londras e Arroaces

REVISTAS DE LONDRAS E ARROACES, NÚMERO 3.

O número de outubro de londras e arroaces fai o número tres desta publicación ecoloxísta. En páxinas centrais amósanos fotos do itinerario que fixemos este verán no roteiro polo salnés. Tamén publicamos un artigo sobre a visita ao centro de xenómica da USC, na que o doutor Ángel Carracedo recibíu aos alumnos de 2º de bacharelato de ciencias. Nas seccións fixas falamos das anémonas, do freixo, recomendamos libros de temas de ciencia e natureza e direccións na rede. Tamén hai artigos sobre as minas na comarca e sobre a celebración do día pola ciencia en galego, que será o 4 de novembro e das actividades que haberá no instituto.  Aquí a tedes en formato Scribd para podela ver, baixar ou imprimir. 

londras outubro

REVISTAS DE LONDRAS E ARROACES, NÚMERO 2.

O número de xullo de londras e arroaces fai o número dous desta publicación ecoloxísta. En páxinas centrais amósanos o itinerario que farán aqueles que se apuntan ao roteiro do vran e unhas recomendacións para esta actividade. Tamén publicamos os traballos premiados no I concurso de divulgación científica Ángel Carracedo. Nas seccións fixas falamos dos anfibios en perigo en Galicia, do loureiro, de cando chega o verán e, como sempre, recomendamos libros de temas de ciencia e natureza.  Aquí a tedes en formato Scribd para podela ver, baixar ou imprimir. 

  londrasxullo
O número un de londras e arroaces cítanos en Valarés nunha actividade organizada polo departamento de debuxo e o departamento de ciencias e que convoca a 6 institutos da provincia de A Coruña para facer esculturas de area e logo percorrer o camiño de Valarés ao Couto visitando a Barra e a Enseada da Ínsua para coñecer a zona e observar aves. Tamén temos as seccións habituais para ir descobrendo as características do carballo en relación á vexetación e dos bufos de Galicia, sobre todo, das curuxas, en canto á fauna galega. Describimos o currículo do grao de enfermaría con entrevista a Zaira Lojo que rematou esta carreira, recomendamos lecturas e vos emprazamos para realizar o itinerario veraniego deste ano dende Rianxo a Pontevedra. Aqui a tedes en formato Scribd para podela ver, baixar ou imprimir. 
 revistalondrasxunho
Editamos revista para ir facendo senda... ao que lle temos moita afección, sendeirar, percorrer camiños, pola costa, polo monte, pola natureza, pola ciencia.... Deixamos un rexistro de todo esto nunhas cantas follas grampadas que esperemos que vaian recollendo as colaboracións de quen se une neste andar sempre retorto pero as máis das veces satisfactorio... Esperamosvos andando.
revista londras e arroaces, numero 0, mes de maio