LOUIS ARMSTRONG

Louis Armstrong

Louis Daniel Armstrong, nado o 4 de agosto de 1901[ e finado o 6 de xullo de 1971, tamén coñecido polos seus alcumes Satchmo ou Pops, foi un trompetista de jazz estadounidense e vocalista orixinario de Nova Orleáns, Louisiana.Comezou a tocar a corneta no correccional con 14 anos, e foise convertendo nun intérprete cada vez máis popular na súa cidade natal até que en 1922 King Oliver o chamou a Chicago para incorporalo ao seu grupo como segundo corneta. Axiña se viu que o aluno superaba ao mestre e en 1925 comezou a gravar como lider coa súa banda: os Hot Five e Hot Seven. Estas gravacións cambiarían o Jazz dunha música de improvisación colectiva a unha onde o fundamental é o solo, a expresión individual dun músico. Coa chegada da era das grandes bandas, Armstrong liderou moitas sen alcanzar o éxito artístico das súas gravacións en pequenos grupos, até que en 1947 voltou cos seus All Stars. Na derradeira etapa da súa vida tivo problemas cos labios que lle impedían tocar e pasou a converterse cada vez máis nun cantante e entertainer. O feito de que hoxe se lle identifique con esa etapa final non cambia que foi el quen nos anos 20 definiu o jazz no sentido no que o entendemos hoxe. 

( categories: )