Eric Clapton

ERIC CLAPTON

 

 

Eric Patrick Clapton Shaw (Ripley, Surrey, Inglaterra, 30 de marzo de 1945) é un guitarrista, cantante e compositor de rock e blues, coñecido polo seu dominio coa guitarra eléctrica, en específico coa súa Stratocaster. É coñecido polo alcume de "Slowhand" (Mano lenta), dende a súa época en The Yardbirds. Clapton é membro do Salón da Fama do Rock por partida triple; por ser membro de The Yardbirds, de Cream e pola súa carreira en solitario. Para moitos críticos Clapton foi un dos artistas máis respectados e influíntes de tódolos tempos .Ademais, aparece no posto número 4 da lista "Os 100 grandes guitarristas de todos os tempos" da revista Rolling Stone e no posto número 53 do seu especial "Inmortales: Los 100 grandes artistas de todos los tiempos".
O seu estilo musical sufriu múltiples cambios ao longo da súa carreira, pero as súas raíces sempre estiveron profundamente ligadas ao blues. É recoñecido como un innovador en varias etapas da súa carreira, practicando o blues rock con John Mayall's Bluesbreaker, The Yardbirds, e o rock psicodélico con Cream, ademais de ter tocado estilos moi variados na súa etapa en solitario; Delta blues no seu álbum Me and Mr Johnson, pop na súa canción "Change the World" o reggae na súa versión do tema de Bob Marley "I shot the Sheriff". Posiblemente o seu meirande éxito foi a canción "Layla" da súa época con Derek and the Dominos.

( categories: )