Convocatoria probas libres "Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción"

No arquivo pdf atópanse a estrutura, as datas, o procedemento e os criterios de avaliación das probas libres convocadas na Orde do 22 de xuño de 2012.

Visita do alumnado de ESO a Santiago de Compostela

Visita do alumnado de ESO a Santiago de Compostela. Nun marabilloso día visitamos a Cidade da Cultura, o Museo do Pobo Galego e os Tellados da Catedral. Disfrutamos dunha das cidades máis belas do mundo e dun día de convivencia fantástico.

 

Axudas libros de texto

Becas ERASMUS para a realización da FCT no estranxeiro Abril-Xuño 2012

Convocatoria de solicitudes de becas ERASMUS para a realización de prácticas FCT (outubro-decembro) no estranxeiro para alumnos de Ciclos Superiores.

"SEMINARIO PERMANENTE: CANTOS CONTOS CONTAS?"

O Seminario Permanente "Cantos contos contas?", con sede no IES Politécnico de Vigo, traballou durante este curso a competencia lingüística dun xeito lúdico cos alumnos de 30 ESO partindo dos contos, que poñen en práctica o pracer da lectura, da narración e da interpretación ao mesmo tempo que interiorizan valores individuais e
sociais que fan que o mundo en que vivimos sexa cada día mellor.
Centrámonos na creación e representación de kamishibais, que en xaponés significa 'teatro de papel" e decidimos sacar da aula, en colaboración co grupo de traballo da Biblioteca, o resultado do noso traballo. Fixemos dúas representacións: a primeira no propio IES para os alumnos de 1º de ESO; a segunda no CPI Emilia Pardo Bazán, centro de procedencia dos máis dos nosos alumnos e alumnas. Recollemos aquí unha síntese do resultado.

GAÑAMOS O CONCURSO DO VIDEOXOGO!!!

1º da ESO e a alumna Ana Ramírez Iglesias obtiveron premios no concurso Viaxe ás Covas do Folón.

Intercambio con Hamburgo

 

Intercambio dunha semana de duración con arredor de 15 alumnos do instituto WOLFGANG-BORCHERT-GYMNASIUM, en Halstenbek (a 20 km do centro de Hamburgo). 

O intercambio realizouse mediante a fórmula de acollida entre alumnos. O alumnado de Halstenbek acolleu ao alumnado de Vigo na semana do entroido, do 17 ao 24 de febreiro, e o alumnado de Vigo acolleu ao alumnado de Halstenbek a primeiros de maio. 

Fotos Comenius Multilateral

Recorrido polo IES Politécnico de Vigo. Recepción en Castrelos polo Sr. Alcalde de Vigo D. Abel Caballero. Rally turístico por Vigo. Recepción polo Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa D. José Luis Mira Lema

 

Reunión en Vigo do Proxecto Comenius Multilateral - Rediscover the Real European Values

Entre o 16 e 20 de abril de 2012 o IES Politécnico de Vigo será anfitrión da reunión do proxecto de Camenius Multilateral "Redescubrir os valores reais de Europa" no que participamos. Recibiremos cos brazos abertos unha marea de alumnado de toda Europa, das escolas seguintes:

  • Scoala Cu Clasele I-VIII "Mihai Eminescu“. Roman (Rumanía)
  • Liceul Teologic Romano-catolic "Sf. Francisc De Assisi“. Roman (Rumanía)
  • Tallinn English College. Tallinn (Estonia)
  • Istituto Comprensivo di Gatteo. Gatteo (Italia)
  • VII Istituto Comprensivo “G.A.Costanzo”. Siracusa (Italia)
  • AG Ungdomsskole. Lyngdal (Noruega) 
  • Institution Notre-dame. Toulon (Francia)
  • Gymnasio Ayiou Dhometiou. Lefkosia (Chipre)
  • Maarten Van Rossem. Arnhem (Holanda) 
  • Kemal Türkler Primary School. Istanbul (Turquía)

O obxectivo do proxecto de "Redescubrir os valores reais de Europa" céntrase en axudar ao alumnado a descubrir e comprender os principais valores éticos e tradicionais que estiveron na base da formación da civilización europea: honestidade, o respecto, a xenerosidade, a tolerancia, a bondade, a familia, o heroísmo, a valentía, a educación, o respecto polas tradicións, a protección do medio ambiente. Deste xeito, os nenos, os mestres e os pais desenvolven novas competencias no campo da conciencia cultural, xunto coas habilidades, coñecementos e actitudes que lles permitirán apreciar estes valores e aumentará o seu sentido da iniciativa para facer activos estes valores durante a súa vida, polo desenvolvemento dun sentimento da conciencia europea. 

Programa de actividades que levaremos a cabo.

Desexamos unha estancia moi agradable, útil e chea de ledicia a tódolos participantes.

II CAMPIONATO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL, GALICIASKILLS 2012

Este é un campionato eminentemente práctico e consistirá no desenvolvemento de 20 competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes medirán as súas destrezas e demostrarán as súas capacidades na realización das correspondentes probas. As 20 competicións celebraranse ao longo do mes de outubro de 2012.

No IES Politécnico de Vigo realizaranse os GaliciaSkills nas especialidades de torneado e de fresado.

Toda a información en http://www.edu.xunta.es/fp/galiciaskills

A solicitude de inscripción deberá remitirse, entre o día 1 de febreiro e o día 31 de marzo de 2012, ao seguinte enderezo de correo electrónico sxopre@edu.xunta.es

Distribuir contido