Última actividade Xeografía e Historia

 

 

Traballo sobre Alcoa

Pódese facer en forma de presentación ou de documento. Incluír un mínimo de 5 imaxes e 3 titulares de prensa(só titulares)

 

  1. Que fabrica a factoría de Alcoa en San Cibrao(Lugo)? Onde está a sede principal da empresa multinacional?

  2. Cantos traballadores ten?

  3. En que Concello está emprazada?

  4. Que fontes de enerxía emprega?

  5. Que materia prima emprega?

  6. Que é unha industria electrointensiva?

  7. Como a clasificamso dentro dos tipos de industria en función do tipod e producto que fabrica?

  8. De que países se abastece de materias primas?

  9. A que países vende a súa produción?

  10. Por que está ameazada de peche?

  11. Que consecuencias contaminantes ten a súa actividade?

  12. Que alternativas de futuro se presentan?

Habería que entregalo o 15 de xuño. Este será o último traballo do curso. Os que teñades traballos anteriores pendentes podedes seguir entregándoos tamén ata esa data, xa que contarán para a nota. Ao longo desta semana dareivos as calificacións dos traballos previos.