Xefatura

XORNADAS DE ACOLLIDA

Un ano máis realizamos as xornadas de acollida para facilitar o acceso do alumnado de 6º de EP dos colexios adscritos ao IES.

Teremos unha reunión coas familias para explicar as características dos novos estudos e o funcionamento do centro e tamén recibiremos dentro do horario lectivo ao alumnado de 6º para que coñezan as instalacións e as actividades que realizamos durante o curso.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE EP: LUNS 5 DE XUÑO ÁS 7 DA TARDE.

ALUMNADO DO CEIP EMILIO NAVASQÜES: MÉRCORES 7 DE XUÑO.

ALUMNADO DO CEIP DA SERRA DE OUTES: MÉRCORES 14 DE XUÑO.

XORNADAS DE ORIENTACIÓN PARA AS FAMILIAS

Como en cursos anteriores realizaremos unhas xornadas informativas coas familias do alumnado de 3º e 4º de ESO nas que explicaremos as opcións que terán para continuar os seus estudos e podan efectuar unha a matrícula acorde aos seus intereses.

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º ESO: XOVES 15 DE XUÑO ÁS 7 DA TARDE.(Data trasladada do día 12)

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º ESO: LUNS 31 DE MAIO ÁS 7 DA TARDE.

EXAMES DE SETEMBRO ESA. Curso 2015-16

Calendario dos exames de setembro de adultos. Enlace.

EXAMES DE SETEMBRO ESO. Curso 2015-16

Calendario dos exames de setembro. Enlace.

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2016

No DOG do 28 marzo sae publicada a Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. O prazo de solicitude é ata o 28 de abril. Acceso á páxina da consellería.

EXAMES DE SETEMBRO. ESA

Calendario cos exames de setembro. enlace

Prazo extaordinario de matrícula do 1 ao 10 de setembro.

EXAMES DE SETEMBRO. ESO

CALENDARIO DE EXAMES DE ESO

Os exames serán os días 1, 2 e 3 de setembro. O día 4 entregaremos as notas de 10 a 11 de mañá. Poderán efectuarse reclamacións os días 4 e 7. O día 8 resolveranse as posibles reclamacións e daranse por definitivas as notas.

Posto que o curso 2015/16 comezará o día 15 de setembro, solicítase que se realice a matrícula o antes posible para poder formar os grupos e preparar o comezo de curso.

Acceso ao calendario.

Exames extraordinarios de maio. EPA

Calendario dos exames extraordinarios de maio. 1º cuadrimestre EPA e PCPI. enlace

Exames extraordinarios de maio. ESO

Calendario dos exames extraordianrios de maio. ESO. enlace

Exames de setembro ESO. Curso 2013-14

No arquivo adxunto podedes consultar as datas dos exames de setembro. Enlace

A entrega de notas será o xoves 4 de setembro de 10 a 11 horas.

É importante que se formalice a matrícula en canto se coñezan os resultados para poder pechar os grupos. O seguinte curso comezará o luns 15 de setembro.

Powered by Drupal - Design by artinet