Actividades

DÍA DA PAZ 2021

Este ano no Día da Paz, 30 de xaneiro, queremos decicar especial atención ás consecuencias negativas para o medioambiente nos conflictos armados.
Para iso precisamos a colaboración das titorías na semana anterior.
 
 
Coa tua axuda queremos resaltar nun mapa mundi os conflictos con consecuancias nefastas para o medioambiente. So tes que procurar información en internet, (adxuntamos uns enlaces pero hai máis). logo selecciona uns poucos datos e unhas imaxes, indica como mínimo: o lugar, a data, o número de víctimas no caso de estar documentado e a información resumida sobre as consecuencias do conflicto para o medioambiente e os habitantes. Os archivos incluirán imaxes sobre o conflicto e as súas consecuencias.
A ENTREGA de archivos farase a través da aula virtual no apartado biblioteca- concursos de biblioteca. As instruccións para entrar na aula virtual para os que nunca o fixeron están no inicio da web do Centro. PLAZO_ATA O 30 DE XANEIRO.

CONCURSOS DE BIBLIOTECA

 

UNHA LECTURA POR UN BOCATA

 

Pincha na foto para saber máis

MERCADO TÉXTIL SOSTIBLE- ABRIL 2020

Este curso no IES POETA AÑÓN estamos a traballar co noso alumnado o desenvolvemento da conciencia ecolóxica e responsable co futuro sostible da nosa comunidade e do noso planeta. Para unha maior difusión da nosa iniciativa invitamos a todos os habitantes de Outes a colaborar con nós, coa súa participación nun mercado de roupa reciclada, roupa que xa non usamos mais que podería serlle útil a outras persoas. Tratarase dun intercambio entre todos os participantes. Consultade as bases a continuación.

 

 

Para saber máis sobre o tema invitámoste:

Talleres de reciclaxe de 4º de ESO

Os últimos en subirse ao carro da reciclaxe foron os alumnos e alumnas de 4º de ESO, cun taller de reciclaxe de chapas.

Talleres de reciclaxe de 3º de ESO

O alumnado de 3º de ESO participou nun taller de reciclaxe de bolsas de plástico.

Talleres de reciclaxe de 2º de ESO

O alumnado de 2º de ESO participou nun taller de reciclaxe de CDs.

VII SEMANA CULTURAL 2018-2019

Este é o programa da VII Semana Cultural do IES POETA AÑÓN, que se celebrará entre o mércores 20 e o martes 26 de marzo.

O IES POETA AÑÓN EN CONTRA DO RACISMO

Este curso o Proxecto da nosa biblioteca, "Somos diferentes, somos iguais", centrarase na reflexión sobre a discriminación presente na nosa sociedade e a necesidade de formar parte da solución.

Iniciaremos as actividades do primeiro trimestre cunha sesión de cine o venres 2 de novembro ás 11:15.

O luns 5 na sesión da Hora de Ler, faremos unha reflexión sobre a película. Por se hai tempo para máis, deixovos un enlace. 

https://www.agenciasinc.es/Reportajes/Las-mujeres-afroamericanas-que-ayudaron-a-ganar-la-carrera-espacial

https://www.emol.com/noticias/Internacional/2018/04/04/901187/De-esclavos-al-Ejecutivo-Cronologia-de-la-raza-negra-en-Estados-Unidos.html

O luns 12 na seguinte Hora de Ler ampliaremos a nosa visión da situación cunha lectura sobre a situación dos inmigrantes en Galicia.

Artigo

Enlace canción

Letra canción

GUÍA DE NUTRICIÓN

O Equipo de Biblioteca en colaboración co Departamento de Bioloxía elaborou unha guía de nutrición que resume os consellos que nos deron as dúas ponentes que viron a realizar charlas para alumnado e pais.

Guía de nutrición (folleto)

Tamén tendes un resumo da Enquisa que pasamos ao alumnado ao final da guía; para consultar o análise completo dos resultados, podedes pinchar aquí.

Powered by Drupal - Design by artinet