ACTIVIDADES A REALIZAR DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES POLA ALERTA SANITARIA

Na aula virtual do IES debedes entrar no curso correspondente de 3º ou 4º de ESO.

Na parte superior hai un  "Taboleiro de novas" onde debedes premer e ler as instrucións para a elaboración e entrega de tarefas. Na columna da dereita do curso hai un apartado "Últimas noticias" onde poden verse as últimas publicacións deste taboleiro.

É importante que ao entrar editedes o perfil para introducir o correo electrónico que permita unha mellor comunicación (o alumnado de 4º xa o ten actualizado)

Tedes un "Foro de dúbidas" de Física (4º) e outro de Química (3º) onde podedes facer preguntas e solicitar axuda ao profesor e compañeiros.

O alumnado de 4º con FQ pendente de 3º debe entrar no curso de 3º de ESO e seguir as instrucións.

O alumnado de 2º de ESO recibirá as tarefas dentro da plataforma de EDIXGAL.

 

Moito ánimo e a traballar.

Powered by Drupal - Design by artinet