PRESENTACIÓN

 

BENVIDOS Á BIBLIOTECA DO IES POETA AÑÓN

Inauguramos este curso un recuncho na páxina web do centro no que poderás:

  • ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE A ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA.
  • APRENDER A ATOPAR UN DOCUMENTO (LIBRO, DVD, COMIC, ETC...)
  • CONSULTAR EN LIÑA O CATÁLOGO DE FONDOS.
  • LER RECOMENDACIÓNS DE CINE OU DE LECTURA
  • ATOPAR AXUDA PARA FACER UN TRABALLO...
     ... E MOITAS COUSAS MÁIS.

A nosa biblioteca está en permanente construcción, co obxectivo de dar servizo a toda a comunidade escolar ofrecendo recursos para a información, a lectura e a aprendizaxe. Dende o curso 2006-2007, está integrada no PLAN DE MELLORA DE  BIBLIOTECAS ESCOLARES, unha rede colaborativa de bibliotecas de centros educativos de toda Galicia.

Con esta nova ferramenta achegamos os nosos recursos a todos vós de xeito que, con so dispoñer dunha conexión a Internet, teredes acceso virtual ós nosos servizos. As vosas aportacións e suxestións servirannos, ademais, para mellorar os contidos desta nova páxina web.

Powered by Drupal - Design by artinet