Día Internacional das Rapazas nas TIC

Con motivo do Día Internacional das Rapazas nas TIC que se celebra o 25 de abril, o CiTIUS da USC (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes) organiza unha exposición que repasa as contribucións de 10 científicas e tecnólogas destacadas para facer visible o seu legado e tamén promover vocacións tecnolóxicas entre rapazas e mulleres novas.

A exposición estará aberta ao público até o vindeiro 31 de maio, de luns a venres, de 10 a 15 horas e de 16 a 19 horas, na planta baixa do centro.

Powered by Drupal - Design by artinet