Espello Deportivo en OUTES

Este xoves 10 de abril comenzou en Outes o programa "Espello Deportivo" enlace

Despois da presentación do Sr Alcalde, o medallista paralímpico Juan Antonio Saavedra e o actor Rubén Riós presentaron a todo o alumnado do IES esta interesante iniciativa na Casa da Cultura do Concello. Aquí tedes un enlace coas fotos do evento na páxina pública en facebook  enlace

Tratase dunha actividade para o fomento da nosa lingua dende o deporte que está a desenvolver a Deputación da Coruña, a través da  área de Normalización Lingüística, en colaboración cos concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística. O obxectivo é achegar as/os deportistas de elite galegos aos rapaces e cunha dinámica participativa que implique os asistentes non só no eido deportivo senón tamén enriquecéndoos lingüísticamente, e tamén fomentar a aprendizaxe de valores como o esforzo, compromiso, respecto, integración e superación a través das intervencións en galego de deportistas galegos de elite.

Powered by Drupal - Design by artinet