Skip to Content

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN CONCELLO

Infórmase da convocatoria das axudas para a escolarización de material e comedor escolar para o vindeiro curso 2020-2021. 

Poderán beneficiarse destas axudas todas aquelas persoas que cursen estudios de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria, nos centros sostidos con fondos públicos do termo municipal da Pobra do Caramiñal, que formen parte de familias con problemática socio-económica e que cumpran os requisitos que se establecen na convocatoria. 

As solicitudes deberán cumprimentarse no impreso oficial que se facilitará no departamento de Servizos Sociais do concello. Así mesmo, xunto coa convocatoria das axudas, achéganse os anexos que corresponden ao modelo de solicitude e ao certificado de matrícula a cumprimentar polo centro educativo. 

O prazo para a presentación de solicitudes comezará no día 22 de xuño e rematará no día 17 de xullo de 2020, inclusive. 

Para calquera outra información poden poñerse en contacto coas oficinas de Servizos Sociais, chamando ao teléfono 981 832764.

 

AdxuntoTamaño
Solicitude Axudas escolarización curso 2020-2021.pdf71.2 KB
Autorizacion datos AEAT.pdf28.88 KB
Bases reguladoras Axudas escolarización.pdf112.46 KB
Certificado colexio.pdf20.81 KB


page | by Dr. Radut