Skip to Content

Consello escolar

Renovación do Consello Escolar. Proclamación de candidaturas

O día 17 de novembro tivo lugar a segunda sesión de traballo da Xunta Electoral que está a supervisar o procedemento de renovación do Consello Escolar do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro. Na devandita reunión acordouse admitir, proclamar e publicar as candidaturas presentadas polos distintos sectores.

Nais, pais e titores/as legais do alumnado:

  • Carlos Fondevila López

Profesorado:

  • Rosa Mª Andrade Expósito
  • María Peón López

Alumnado:

  • Noor Chaitany Alamancos
  • Tamara Pereira Ferreira

Persoal non docente:

  • Mª Teresa Casal Tato

Lembramos que as votacións terán lugar o día 24 de novembro, de acordo co seguinte horario:

  • Profesorado: 12:30 – 12:50
  • Pais, nais e titores legais do alumnado: 18:00 – 20:30
  • Alumnado: 10:00 – 12:30
  • Persoal non docente: 16:30 – 14:00

Renovación do Consello Escolar. Prazo para a presentación de candidaturas

O día 3 de novembro tivo lugar a primeira sesión de traballo da Xunta Electoral que supervisará o procedemento de renovación do Consello Escolar do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro. As decisións adoptadas foron as seguintes:

  • Publicar os censos electorais, que estarán dispoñibles en Secretaría para a súa revisión por parte dos membros da comunidade educativa ata o día 14 de novembro.
  • Aprobar o calendario de actuacións (ver documento adxunto).

 Lembramos que as  prazas vacantes no Consello Escolar son as seguintes:

  • Representación do persoal non docente: 1
  • Representación dos pais/nais: 2
  • Representación do profesorado: 2
  • Representación do alumnado: 1

Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura deberán cumprimentar o modelo que se adxunta e rexistralo na Secretaría do centro. O prazo para facelo empeza o 4 de novembro e remata ás 13 horas do día 14 dese mesmo mes.

Renovación do Consello Escolar. Xunta Electoral.

O 27 de outubro de 2016 tivo lugar o sorteo para a designación dos membros que van integrar a Xunta Electoral que será a encargada de organizar o proceso electoral para a renovación do Consello Escolar do IES Pintor Colmeiro. O resultado foi o seguinte:

Titulares:

- Profesora: Eva Blanco Francisco
- Nai: María González Pardo
- Alumno: Juan José López Rey
- Persoal non docente: Isabel Blanco Costoya

 Suplentes:

- Profesor: José Manuel Méijome Fernández
- Nai: Soledad Rey Asorey
- Alumno: Juan José Rodrigues Calvo
- Persoal non docente: Benito José Ozón Godoy

A reunión de constitución da Xunta Electoral terá lugar o xoves 3 de novembro de 2016 ás 10.30 horas.

Renovación do Consello Escolar

A Resolución do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG do 4 de outubro), dispón que os centros docentes sostidos con fondos públicos establezan o calendario para a renovación das vacantes dos seus consellos escolares. 

As prazas que cómpre renovar nesta convocatoria son as seguintes:

-2 representantes do profesorado.
-1 representante do persoal non docente.
-2 representantes de nais/pais.
-1 representante do alumnado.

O proceso inícase co sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral, un órgano que estará integrado polo director do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal non docente e un alumno ou alumna. Este sorteo terá lugar no despacho de Dirección ás 12:30 horas do 27 de outubro de 2016.

Podes atopar máis información sobre o proceso na documentación adxunta.

Novos membros do Consello Escolar

O día 26 de novembro tiveron lugar os procesos electorais para a renovación parcial do Consello Escolar do IES Pintor Colmeiro. A relación de candidatas/os elixidas/os para formar parte deste órgano é a seguinte:

Sector de nais e pais:

  1. Carmen Barros Basoa, 6 votos.
  2. Belén Calvo Costa, 5 votos.
  3. José Castro Granja, 5 votos.

Sector do alumnado:

  1. Samuel Rodríguez López, 101 votos.
  2. Silvia Escuredo Ramos, 87 votos.

Sector do profesorado:

Consello Escolar: prazo para presentación de candidaturas

Hoxe celebrouse a primeira sesión de traballo da Xunta Electoral, que está integrada polas seguintes persoas:

-Xesús Fernández Sulleiro (director), que actúa como presidente.

-Diego Rodríguez Otero (docente), secretario.

-María Ramos Valiñas (nai), vogal.

-Adrián Troitiño Adán (alumno), vogal.

-Maite Casal Tato (non docente), vogal.

As decisións adoptadas na sesión de hoxe son as seguintes:

Distribuir contido


by Dr. Radut