Skip to Content

COVID-19

Plan de continxencia, "horario espello" e adaptación das NOFC

Publicamos unha actualización das Normas de organización, funcionamento e convivencia [prema aquí] e  o Plan de Continxencia do centro [prema aquí].

Coidámonos, coidémonos

Lembramos que é necesario que as familias realicen diariamente unha avaliación dos síntomas da COVID-19 do alumnado. No caso de atopar síntomas compatibles, pregamos que actúen tal e como se indica no apartado 2A.2 do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 publicado polas Consellerías de Educación e Sanidade: 

No caso de que se detectase sintomatoloxía compatible na casa, o alumnado non acudirá ao centro e el/ela ou a súa familia contactará inmediatamente co centro de saúde de referencia do alumno/a e con algunha das persoas membros do equipo COVID. Para a xustificación da ausencia, non será necesario ningún xustificante médico, abondará co comprobante dos/as pais/nais ou titores/as legais. As ausencias derivadas desta causa terán a consideración de xustificadas aos efectos do protocolo de prevención de absentismo escolar.

Plan de Adaptación á situación COVID 19

Publicamos unha versión actualizada do Plan de Adaptación á situación COVID 19 para o curso 2020-21. Este protocolo foi aprobado pola dirección do centro e remitido ao consello escolar para a súa valoración.

COVID-19. Documentación para o inicio de curso

O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro está preparando o inicio de curso para que a volta ás clases se desenvolva coas máximas garantías de seguridade sanitaria. Todas as actuacións deseñadas con ese propósito recóllense no Plan de Adaptación á situación COVID 19, que en breve lle será presentado á comunidade educativa. Ofrecemos agora algúns documentos de traballo que consideramos de interese:

  • Enquisa epidemiolóxica. Este documento é unha guía para que as familias actúen en consecuencia. Non é preciso imprimila nin enviala.

Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou no seu portal web o Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021.

ÚLTIMA HORA. A A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou o 31 de agosto unha actualización do protocolo

Distribuir contido


by Dr. Radut