Skip to Content

Xa dispoñedes da portada da web para publicar! A enchela de contido...

Finalmente conseguín habilitar o permiso para que poidades publicar na portada da web. A enchela de contido! Agora cando lle deades á opcións de publicación aparecerá unha que é "promocionar á páxina principal" e xa aparecerá automaticamente na portada da web. Por favor tede en conta:

O Flasmob do profesorado para desexarvos Bo Nadal e Feliz 2012

A web aberta a todos

Queremos recordarvos que a web está aberta para todos aqueles que queirades publicar novas, gustaríanos que durante este curso todos os departamentos tiveran a alguén que publicara novas do departamento: colgar exercicios, a programación, información do departamento, ligazóns para o alumnado... Moitos de vós xa estades dados de alta, pero en calquera caso se precisades axuda Xosé Rodríguez, coordinador TIC, estará encantado de axudarvos no proceso.

O EDL está en marcha... presentación do blogue!

Cibrán presentará o xoves 13 nos recreos o blogue do EDL, ensinará a editar novas e o manexo para todos aqueles interesados en participar... se te preocupas pola nosa lingua e ademais queres aprender algo novo, esta é a túa ocasión.

TIC Producións e Trasdeza Films presentan a súa primeira obra

Un manual para os que andades na Aula Virtual

Para os que andades na aula virtual, este é un manual de Moodle. O arquivo que debedes mandar para que Xosé Rodríguez, como administrador, dea de alta aos vosos alumnos como usuarios facédeo no bloc de notas, na primeira liña poñede os campos (username, password, ....) que vos indicou Lupe e debaixo poñedes en cada liña un alumno. Por exemplo:

username, password, firstname, lastname, email

Galegando. Que marabilla!

Lipdub do alumnado do centro. Galegando!

Estreamos Web dinámica, apúntate...

Estamos estreando nova páxina web cun montón de novas aplicacións  (subida de arquivos moi sinxela, aula virtual Moodle, galería de imaxes...) e facilidades para publicar. Quédanos moito traballo por diante porque non se poden transpasar directamente os contidos da web antiga a esta, polo que teremos que ilo facendo pouco a pouco. Porén, no encabezado da web tedes unha ligazón á web antiga.

Distribuir contido


by Dr. Radut