Skip to Content

Intercambio Lingüístico

O alumnado de 4º ESO, á parte de traballar as variedades dialectais da nosa lingua na aula, vai ter contacto con elas directamente.

Día Escolar da Paz

O vindeiro 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz. Dende a Biblioteca estamos levando a cabo unha serie de actividades que poderedes ver estes días nunha exposición á entrada do instituto, con diferentes materiais (poemas, ilustracións, recomendacións de lectura...). Tamén estamos facendo un pequeno vídeo. Todos aqueles alumnos e profesores que queiran participar na gravación so teñen que anotarse na biblioteca.

Outra creación de TIC Producións. futboleiros do Colmeiro

O EDLG promoveu a regaleguización de apelidos e nomes

PROXECTO LECTOR DO IES PINTOR COLMEIRO

Tedes á vosa disposición na páxina web o Proxecto Lector de Centro. Pódese consultar no apartado de Biblioteca, nas actividades de animación lectora, onde iremos incorporando información sobre o traballo desenvolvido pola Biblioteca no presente curso.Dende aquí animámosvos a que participedes nelas a través de recomendacións  de lectura, sumándovos á Hora de Ler.

TIC Producións e Trasdeza Films presentan a súa primeira obra

MESA COLOQUIO "GALEGUIZACIÓN DE NOMES E APELIDOS"

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ten programada para o xoves, 25 de novembro, unha actividade que ten por finalidade dar a coñecer o procedemento para galeguizar os nomes e apelidos das persoas que así o desexen. A tal fin algúns invitados que xa teñen feito o mencionado trámite, participarán nun coloquio que moderará Eliseu Mera.

O IES Pintor Colmeiro estivo en Turquía

O IES Pintor Comeiro de Silleda está a continuar coa súa participación no Programa Europeo Grundtvig 2009-2011, que baixo o título “Unidades Europeas de Aprendizaxe: unha metodoloxía interactiva no ensino de adultos” vén de celebrar a súa cuarta xuntanza de traballo entre os días 3 e 7 de novembro en Kirkagac

Un manual para os que andades na Aula Virtual

Para os que andades na aula virtual, este é un manual de Moodle. O arquivo que debedes mandar para que Xosé Rodríguez, como administrador, dea de alta aos vosos alumnos como usuarios facédeo no bloc de notas, na primeira liña poñede os campos (username, password, ....) que vos indicou Lupe e debaixo poñedes en cada liña un alumno. Por exemplo:

username, password, firstname, lastname, email

Distribuir contido


by Dr. Radut