Skip to Content

O 4 de novembro día da Ciencia en Galego

O xoves 4 de novembro celébrase en Galicia o Día da Ciencia en galego para mostrar á sociedade a idoneidade do desenvolvemento das materias científico-tecnolóxicas en galego, expresar publicamente que as linguas se aprenden usándoas en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía e expresar publicamente que todas AS LINGUAS son válidas para a expresión científica.

O martes 2 de novembro non hai clase

Lembrarvos, que de seguro non facía falla, que o martes 2 de novembro non hai clase, iuujjuuuuu!

Quen está interesado nun cursiño de encerado dixital?

Temos dous encerados dixitais no centro.Con moi pouquiño esforzo poderedes crear sesións de clase máis interactivas e interesantes. Para axudarvos a manexar os encerados, ofertamos un pequeno Cursiño de autodefensa fronte ao encerado dixital, por favor os que esteades interesados en asistir enviade un correo a xrodriguez@edu.xunta.es facéndoo saber.

Tamén triunfou a tecnoloxía

"No medio das naturais emocións e alegrías do espectacular rescate dos 33 mineiros chilenos  atrapados na mina do deserto de Atacama, cando cada cal dá grazas ao que desexa ou cre, coa palabra milagre repetida demasiado a miúdo, queda esvaecida unha protagonista tan esencial como a valentía, a resistencia ou o empuxe colectivo para saír adiante.

Cursiño de Moodle o xoves ás 18

Aqueles que estades anotados lembrade que o xoves 7 de outubro ás 18:00 é o cursiño de Moodle.

Premios Extraordinarios de Bacharelato

Requisitos:

1. Ter cursado primeiro e segundo de bacharelato en calquera das modalidades en centros docentes españois, ben en réxime presencial, ben en réxime a distancia.
2. Ter finalizado estes estudos na Comunidade Autónoma de Galicia no ano académico 2009-2010.
3. Ter obtido no conxunto dos dous cursos unha nota media igual ou superior a 8.75 puntos.

Documentación:

BENVIDOS AO CURSO 2010-2011

Benvidos ao curso 2010-2011. Esta nova web que estreamos a finais do curso pasado vainos permitir unha maior cantidade e máis plural de información que de seguro vos será de moita utilidade. Lembrar tamén ao profesorado que queira colaborar coa edición de contidos web no seu departamento que fale con Xosé Rodríguez ou lle envíe un correo a xrodriguez@edu.xunta.es.

Instrución para a realización das Programacións Didácticas

Achegamos un documento coas novas instrucións para a elaboración da Programacións Didácticas do Departamentos. Lémbrade que o prazo de presentación en xefatura remata o mércores 22.

Selectividade setembro 2010

 Normas PAU setembro

Calendario de inicio de curso 2010-2011

Mércores 1 e xoves 2 de setembro
      Exames convocatoria extraordinaria segundo horario adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut