Skip to Content

Aberto o prazo para a licitación do servizo de cafetaría

O Consello Escolar do IES Pintor Colmeiro acordou habilitar un prazo para que todas as persoas físicas ou xurídicas teñan opción a presentar as súas propostas para optar á explotación e á xestión do servizo de cafetaría do IES Pintor Colmeiro no ano académico 2013-2014.

Listado de libros de texto para ESO e Bacharelato (curso 2013-14)

Na sección de DOCUMENTACIÓN publicamos a relación de libros de texto do curso 2013-2014 para ESO e Bacharelato.

Podes acceder premendo nesta ligazón.

Calendario de fin de curso 2012-13 (Secretaría)

Calendario de fin de curso (Secretaría) 

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto 2013-14

No DOG de 31 de maio de 2103 publícase a Orde ORDE do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.

Escolarización para o curso 2013-14. Listado definitivo de admitidos/as

Rematado o prazo de solicitude de admisión para cursar estudos  en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (Orde do 12 de marzo de 2013), procédese a publicar a relación definitiva de alumnado admitido: 

Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013

No DOG do 22 de marzo publicouse a Orde de 18 de marzo de 2013 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros sostidos con fondos públicos.

Prazo de presentación de solicitudes: do 23 de marzo ao 22 de abril, ambos os dous incluídos.

Máis información: https://www.edu.xunta.es/axudasle/ 

Probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

 

No DOG do 1 de febreiro de 2013 pubícase a Resolución do 21 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

O prazo para realizar a inscrición nestas probas será entre o 18 e o 28 de febreiro de 2013.

Arriba e alá imos!

Este martes 8 de 2013 volvemos ás clases e aínda que nos tocara a lotaría penso que debemos seguir coas nosas obrigas. Feliz ano e a darlle duro.

Bo Nadal e ventureiro aninovo!


Aproveitamos o traballo feito polo IE Cañada Blanch de Londres, aos que lles agradecemos o traballo, para felicitarvos o Nadal.

Recitando a Celso Emilio Ferreiro (edición María Rey)

Distribuir contido


by Dr. Radut