Skip to Content

Admisión de alumnado para ESO e Bacharelato [2017-2018]

Hoxe publícase no DOG a Orde de 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde de 12 de marzo de 2013, que é a norma que regula o desenvolvemento dos procesos de reserva e admisión do alumnado en centros públicos.

Entre as novidades da presente convocatoria destaca a incorporación dunha ferramenta electrónica da que poden facer uso as familias. A aplicación identifícase como admisionalumnado e localízase neste enderezo.

Lembramos que, de acordo co establecido no artigo noveno da Orde de 12 de marzo de 2013, o alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

O prazo de admisión para o alumnado que desexe cambiar de centro ou ir a un centro non adscrito será o período comprendido entre o 1 e o 20 de marzo.



story | by Dr. Radut