Skip to Content

Probas de acceso a ciclos formativos [2017]

No DOG do 5 de xaneiro publícase a Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional [aquí].

Recomendámosche que amplíes información no portal web de FP [aquí] e que teñas moi presentes as datas claves do proceso [calendario].

Prazo de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.



story | by Dr. Radut