Skip to Content

Renovación do Consello Escolar. Prazo para a presentación de candidaturas

O día 3 de novembro tivo lugar a primeira sesión de traballo da Xunta Electoral que supervisará o procedemento de renovación do Consello Escolar do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro. As decisións adoptadas foron as seguintes:

  • Publicar os censos electorais, que estarán dispoñibles en Secretaría para a súa revisión por parte dos membros da comunidade educativa ata o día 14 de novembro.
  • Aprobar o calendario de actuacións (ver documento adxunto).

 Lembramos que as  prazas vacantes no Consello Escolar son as seguintes:

  • Representación do persoal non docente: 1
  • Representación dos pais/nais: 2
  • Representación do profesorado: 2
  • Representación do alumnado: 1

Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura deberán cumprimentar o modelo que se adxunta e rexistralo na Secretaría do centro. O prazo para facelo empeza o 4 de novembro e remata ás 13 horas do día 14 dese mesmo mes.

AdxuntoTamaño
IES Pintor Colmeiro. Calendario eleccións consello 2016.pdf221.95 KB
Candidatura alumnado.pdf160.37 KB
Candidatura nais-pais.pdf160.66 KB
Candidatura PND.pdf160.45 KB
Candidatura profesorado.pdf160.43 KB


story | by Dr. Radut