A Resolución do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG do 4 de outubro), dispón que os centros docentes sostidos con fondos públicos establezan o calendario para a renovación das vacantes dos seus consellos escolares.
As prazas que cómpre renovar nesta convocatoria son as seguintes:
-2 representantes do profesorado.
-1 representante do persoal non docente.
-2 representantes de nais/pais.
-1 representante do alumnado.
O proceso inícase co sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral, un órgano que estará integrado polo director do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal non docente e un alumno ou alumna. Este sorteo terá lugar no despacho de Dirección ás 12:30 horas do 27 de outubro de 2016.
Podes atopar máis información sobre o proceso na documentación adxunta.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IES Pintor Colmeiro. Calendario eleccións consello 2016.pdf | 221.95 KB |
Decreto_92_1988.pdf | 25.64 KB |
RES 26-09-16 - Calendario eleccións consellos escolares 2016.pdf | 659.05 KB |