Skip to Content

Admisión a ciclos formativos [2016-17]

No DOG do 27 de xuño publícase a Orde de 15 de xuño pola que se regula o proceso de admisión para os ciclos formativos. 

As solicitudes cumprimentaranse na aplicación informática Ciclosadmisión e validaranse en calquera centro formativo público que imparta ensinanzas de formación profesional. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 5 de xullo ás 13.00 horas.

Recomendamos a visita frecuente ao portal educativo de formación profesional, no que xa se pode consultar información sobre o proceso de admisión, tanto para ciclos de grao medio como para ciclos de grao superior.

Este é o calendario do proceso de admisión.



story | by Dr. Radut