Skip to Content

Relación de vacantes de ESO e bacharelato [2016-17]

Relación de vacantes que oferta o IES Pintor Colmeiro (Silleda – Pontevedra) en ESO e bacharelato para o curso 2016-2017:

  • 1º ESO: 29 prazas (20 ordinarias + 9 para necesidades específicas de apoio educativo [NEAE]). Rexistramos 61 reservas de alumnado procedente dos centros adscritos.
  • 2º ESO: 9 prazas (hai 51 alumnos/as con matrícula en 1º de ESO no curso 2015/16).
  • 3º ESO: 15 prazas (hai 45 alumnos/as con matrícula en 2º de ESO no curso 2015/16).
  • 4º ESO: 20 prazas (hai 40 alumnos/as con matrícula en 3º de ESO no curso 2015/16).
  • 1º BAC: 32 prazas (hai 34 alumnos/as con matrícula en 4º de ESO no curso 2015/16).
  • 2º BAC: 34 prazas (hai 32 alumnos/as con matrícula en 1º de bacharelato no curso 2015/16).

Lembramos que o alumnado que estea matriculado no IES Pintor Colmeiro neste curso ten garantida a súa permanencia no centro para cursar ensinanzas de ESO ou bacharelato [artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro]. En consecuencia, non terá que presentar ningunha documentación.

Podes acceder á información oficial sobre o proceso de admisión premendo nesta ligazón.

 



story | by Dr. Radut