Skip to Content

Máis ordenadores na biblioteca

A biblioteca informa de que a partir de hoxe contamos con oito novos ordenadores portátiles, a disposición de todos os grupos que o precisen para facer traballos, consultas... Todos eles contan con conexión a Internet. Están ubicados en dúas das mesas de xogos. A súa clave é "colmeiro".
Estes novos equipos súmanse aos cinco cos que xa contabamos anteriormente.
Nos vindeiros días elaboraremos un horario cos grupos que desexen utilizalos. Os profesores interesados deben anotarse na biblioteca.



story | by Dr. Radut