A vixilancia e a mellora do clima de convivencia escolar son obxectivos compartidos por todos os centros de ensino. De feito, boa parte da documentación que elaboramos e manexamos no IES Pintor Colmeiro vai dirixida a ese propósito. Véxase, a modo de exemplo, a sección PLANS E PROXECTOS do apartado de DOCUMENTACIÓN desta web.
A administración educativa galega acaba de comunicarnos que xa están dispoñibles as ferramentas coas que se vai levar a cabo unha recollida masiva de datos relativos á convivencia escolar, unha actuación que se enmarca dentro do desenvolvemento do Plan Estratéxico de Convivencia Escolar 2015-2020, de recente aprobación [información oficial nesta ligazón].
Esta iniciativa está aberta a todos os sectores implicados na vida dos centros de ensino (profesorado, alumnado, persoal non docente e familias), que poderán participar mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Este cuestionario estará dispoñible entre os días 10 e 30 de novembro.
O alumnado poderá cumprimentar o cuestionario nas aulas de informática do centro nas vindeiras semanas. En canto ás familias, anunciámoslles que o día 13 de novembro recibirán a través dos seus fillos/as un documento no que se lles comunica o enderezo web da aplicación e a súa clave de acceso individualizada.
Nos documentos adxuntos atoparán información máis detallada.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2015 - Guia usuario cuestionario - censual.pdf | 870.79 KB |
2015 - FAQ Convivencia Censual.pdf | 173.02 KB |