Skip to Content

Vacantes de ciclos formativos para persoas adultas [2015-16]

A Orde do 11 de xuño de 2015 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano académico 2015-2016; establece na disposición adicional primeira a ampliación da oferta do réxime de persoas adultas coas prazas vacantes no réxime ordinario. Textualmente:

“As prazas que resulten vacantes, logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. Para estes efectos, amplíase a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, de ciclos formativos de formación profesional en todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan autorizada a oferta polo réxime ordinario para o ano académico 2015/16”.

As prazas dos módulos que resulten vacantes polo réxime ordinario poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas no prazo comprendido entre o día 5 e as 13:00 horas do 9 de outubro, ambos incluídos. No réxime de persoas adultas a matrícula realízase por módulos soltos, polo que o alumnado interesado poderá matricularse en calquera dos módulos profesionais que teña prazas vacantes do ciclo formativo (tanto de primeiro como de segundo curso), sempre que se garanta a compatibilidade horaria do 90% [Máis información no arquivo adxunto].

En consecuencia, publicamos a relación de módulos que teñen prazas vacantes:

Ciclo medio de condución de actividades físicas e deportivas no medio natural: non hai prazas vacantes.

Ciclo medio de actividades comerciais

Inglés: 23 prazas vacantes

Márketing na actividade comercial: 23 prazas vacantes 

Xestión de compras: 23 prazas vacantes

Dinamización do punto de venda: 23 prazas vacantes

Procesos de venda: 23 prazas vacantes

Aplicacións informáticas para o comercio: 23 prazas vacantes

Formación e orientación laboral: 23 prazas vacantes 

 

Ciclo superior de xestión de vendas e espazos comerciais

Inglés: 22 prazas vacantes

Xestión económica e financieira da empresa: 22 prazas vacantes

Políticas de márketing: 22 prazas vacantes

Márketing dixital: 22 prazas vacantes

Formación e orientación laboral: 22 prazas vacantes

Investigación comercial: 22 prazas vacantes

 



story | by Dr. Radut