Skip to Content

Adxudicación de prazas para os ciclos formativos

Publicadas as listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o venres 17 de xullo ata as 13:00 horas do xoves 23 de xullo de 2015. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. 

Nos adxuntos podes consultar as listaxes que corresponden aos ciclos formativos que se van impartir no IES Pintor Colmeiro. Para máis información oficial sobre o proceso de admisión e matrícula, entra aquí.

AdxuntoTamaño
adxudicación ciclo superior IES Pintor Colmeiro.pdf126.34 KB
adxudicación ciclos medios IES Pintor Colmeiro.pdf129.64 KB
listaxe de espera IES Pintor Colmeiro.pdf110.13 KB


story | by Dr. Radut