Skip to Content

Matrícula de ESO e Bacharelato [2015-16]

Instrucións para a formalización de matrícula de ESO e bacharelato

Curso 2015-2016 | Convocatoria de xuño

I. Prazos

  • 1º ESO: días 1, 2 e 3 de xullo (mércores, xoves e venres, respectivamente)
  • 2º, 3º e 4º ESO: 23, 24 e 25 de xuño (martes, mércores e xoves, respectivamente)
  • Bacharelato: 26, 29 e 30 de xuño (venres, luns e martes, respectivamente)

II. Horario. Entre 9.30 h e 13.30 h

III. Quen se matricula nesta convocatoria? O alumnado que se atope en calquera dos seguintes supostos:

  • O alumnado que superou todas as materias na avaliación ordinaria de xuño.
  • O alumnado que cursa actualmente 1º, 2º ou 3º de ESO e que suspendeu un máximo de dúas materias.
  • O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO que está repetindo no curso 2014-15
  • O alumnado que cursa actualmente 1º de bacharelato e que suspendeu un máximo de dúas materias.

IV. Alumnado de 4º de ESO que non titula en xuño e que desexe cursar bacharelato neste centro no ano académico 2015-2016.

O alumnado que cursa actualmente 4º de ESO no IES Pintor Colmeiro e que non sexa proposto para titulación na avaliación ordinaria de xuño deberá cumprimentar unha folla de prematrícula se ten intención de cursar bacharelato. Este documento, que terá carácter vinculante, deberá entregarse en Secretaría no prazo establecido para a matrícula de bacharelato.

O alumnado de 4º de ESO que titule en setembro formalizará a matrícula nos prazos que se establezan para esa convocatoria.

MOI IMPORTANTE: Todo o alumnado que teña materias pendentes tras a avaliación de xuño deberá presentarse ás probas extraordinarias de setembro.

V. Documentación que debe entregar o alumnado.

  • Sobre de matrícula. Recóllese na conserxería. Todos os apartados deberán estar cubertos con maiúsculas con letra moi clara.
  • Impreso de autorización do emprego da imaxe do alumnado, de participación en actividades extraescolares que se desenvolvan no concello de Silleda e de participación nas seccións bilingües.
  • Fotocopia do documento de identidade do alumno ou alumna que se matricule por primeira vez no centro. No caso de que non dispoña del, deberá entregar fotocopia do documento de identidade do pai/nai/representante legal e fotocopia do libro de familia onde figure o rapaz/a. O alumnado que xa estivese matriculado con anterioridade só deberá presentar copia do seu documento de identidade se non o tiña entregado antes ou se o renovou no último ano.
AdxuntoTamaño
Sobres ESO e BAC 15-16.pdf1.35 MB
Autorizacións.pdf228.4 KB
Folla de datos persoais 1º BAC.pdf218.67 KB
Prematrícula 1º BAC.pdf422.53 KB
Instrucións de matrícula xuño 2015.pdf217.26 KB


story | by Dr. Radut