Skip to Content

Actividades de formación en linguas estranxeiras [2015]

No DOG do día de hoxe publícase a Orde do 2 de marzo de 2015 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 17 de marzo e remata o día 16 de abril.

 



story | by Dr. Radut