O próximo día 23 febreiro publicarase no DOG a orde de convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior do ano 2015. O prazo de inscrición para as probas de acceso de grao superior comezará ese mesmo día.
Máis información no portal da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.