O día 3 de novembro tivo lugar a primeira sesión de traballo da Xunta Electoral que supervisará o procedemento de renovación do Consello Escolar do IES Pintor Colmeiro. As decisións adoptadas foron as seguintes:
-Publicar os censos electorais, que estarán dispoñibles en Secretaría para a súa revisión por parte dos membros da comunidade educativa ata o día 14 de novembro.
-Aprobar o calendario de actuacións (ver documento adxunto).
Lembramos que as prazas vacantes no Consello Escolar son as seguintes:
-Representación dos pais/nais: 1
-Representación do profesorado: 6
-Representación do alumnado: 1
Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura deberán cumprimentar o modelo que se adxunta e rexistralo na Secretaría do centro. O prazo para facelo empeza o 4 de novembro e remata ás 13 horas do día 14 dese mesmo mes.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
calendario eleccións consello 2014.pdf | 233.03 KB |
Candidatura alumnado.pdf | 160.17 KB |
Candidatura pais-nais.pdf | 160.62 KB |
Candidatura profesorado.pdf | 160.43 KB |