Skip to Content

Renovación do Consello Escolar

A Resolución do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG de 1 de outubro), dispón que os centros docentes sostidos con fondos públicos establezan o calendario para a renovación das vacantes dos seus consellos escolares. 

As prazas que cómpre renovar nesta convocatoria son as seguintes:

-6 representantes do profesorado.
-1 representante de nais/pais.
-1 representante do alumnado.

O proceso inícase co sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral, un órgano que estará integrado polo director do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de administración e servizos e un alumno ou alumna. Este sorteo terá lugar no despacho de Dirección ás 12:30 horas do 28 de outubro de 2014.

Podes atopar máis información sobre o proceso na documentación adxunta.

AdxuntoTamaño
RES 19-09-14 - Calendario eleccións consellos escolares.pdf705.2 KB
Decreto_92_1988.pdf25.64 KB
calendario eleccións consello 2014.pdf234.51 KB


story | by Dr. Radut