Skip to Content

Axudas para libros de texto [2014-15]

Publicouse no DOG a Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.

Os prazos para presentar a documentación son os seguintes:

-Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive.

-Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2014, ambos inclusive.

Máis información nesta ligazón.

A relación de libros de texto do IES PIntor Colmeiro para o curso 2014-15 xa se pode consultar na nosa web [aquí].



story | by Dr. Radut