Skip to Content

Matrícula para o programa CUALE en Lalín

O IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín) vai solicitar o programa CUALE, curso para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado. As modalidades que se van solicitar son:
- CUALE A1- inglés: para alumnos que no curso 2014-2015 estean matriculados en 3ºESO
- CUALE A2- inglés: para alumnos que no curso 2014-2015 estean matriculados en 4ºESO

O alumnado que desexe preinscribirse nestes cursos deberá facelo na secretaría do IES Ramón Mª Aller Ulloa antes do 6 de xuño de 2014.



story | by Dr. Radut