Skip to Content

O IES Pintor Colmeiro reduce o seu consumo de electricidade

Nas últimas facturas do 2013 comezou a apreciarse unha certa diminución do consumo de electricidade, tendencia que parece consolidarse nos primeiros compases do 2014. En concreto, o consumo rexistrado na primeira factura do 2014 non chega aos 11.000 Kwh, bastante lonxe dos máis de 15.000 Kwh do mesmo período do ano pasado.

Entendemos que as razóns fundamentais deste aforro son as seguintes:

-Por unha parte, a instalación de equipamentos de baixo consumo levada a cabo no pavillón polideportivo, nos corredores do edificio principal e no alumeado exterior.

-Pola outra, a colaboración das persoas que fan uso das instalacións do centro. É especialmente grato constatar que a comunidade educativa do IES Pintor Colmeiro ten cada vez máis presente a necesidade de facer un uso racional e responsable dos recursos enerxéticos.
 
Durante o ano 2014 manteremos a aposta pola mellora do equipamento eléctrico do centro. Este esforzo económico só terá sentido pleno se a comunidade educativa mantén -e mesmo intensifica- o seu compromiso coas boas prácticas á hora de usar a enerxía.


story | by Dr. Radut