Publicada na web da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a convocatoria das probas libres para a obtención de títulacións de FP (LOE). As devanditas probas teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.
Preme nesta ligazón para acceder á información oficial.