Skip to Content

Bolsas para ensinanzas postobrigatorias 2013-14

No BOE do 19 de agosto publícase a Resolución de 13 de agosto de 2013, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2013-2014, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios. O texto íntegro da convocatoria pode consultarse no pdf adxunto.

Entre as ensinanzas para as que se poden solicitar estas bolsas figuran tres que se imparten no IES Pintor Colmeiro: bacharelato, ciclos formativos e PCPI.

Prazo de presentación: desde o 20 de agosto de 2013 ata o 30 de setembro de 2013.

As solicitudes deben presentarse na sede electrónica no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Fai clic nesta ligazón para acceder a ese servizo.

[Máis información na web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte]

AdxuntoTamaño
RES 13-08-13 - Convocatoria bolsas para estudos postobrigatorios 2013-14.pdf686.42 KB


story | by Dr. Radut