Skip to Content

Unha ducia de motivos

Unha ducia de motivos

.1. A biblioteca escolar é un espazo de lecturas.

.2. A biblioteca escolar é o centro de recursos, o servidor central do centro educativo.

.3. A biblioteca escolar é a biblioteca á que accede toda a poboación.

.4. A biblioteca escolar é o lugar onde están reunidos todos os fondos documentais do centro, rexistrados e catalogados con criterios estandarizados para que toda a comunidade educativa poida utilizalos.

.5. Na biblioteca escolar, os documentos están accesibles directamente para poderen ser consultados ou solicitados en préstamo sen dificultade.

.6. A bilbioteca escolar é o espazo no que lemos, nos informamos e aprendemos.

.7. A biblioteca escolar serve ao proxecto educativo de centro, poñendo a disposición da comunidade educativa os seus recursos, apoiando todos os proxectos que esta leve a cabo e atendendo ao desenvolvemento do currículo.

 .8. Na biblioteca escolar accedemos aos recursos presentes (materiais impresos, audiovisuais e multimedia) e aos que se atopan en liña (bibliotecas vituais, páxinas web, redes sociais...) convertñendose nunha fiestra ao exterior que integra as tecnoloxías de información e a comunicación.

.9. A biblioteca escolar atende ás demandas de cada un dos niveis, materias e sectores da comunidade educativa, facilitándolles a súa formación e dotándoos dos recursos que necesitan.

.10. A biblioteca escolar compensa as desigualdades socioculturais e económicas de orixe do alumnado e das familias, ao pór á súa disposición materiais actualizados e de calidade, completando nese caso as bibliotecas familiares.

.11. A biblioteca escolar atende a diversidade do alumnado, aportándolle a cada un deles os materiais que precisan de acordo coas súas necesidades, intereses, competencias, procedencia...

.12. A biblioteca escolar é unha oportunidade para exercitar as competencias intelectuais e emocionais, para convivir e construir cidadanía.



image | by Dr. Radut