Skip to Content

Actividades en Abril

  • O 13 de abril o alumnado de 1º e 2º de ESO viaxa a Lalín para participaren no festival de curtametraxes “Anirmau”. A saída está prevista para ás 9:30. Voltarán ás 14:30. Os de 3º de ESO A e 3º PDC teñen un obradoiro de sexualidade.
  • O 13 de abril o alumnado de 3º A e PDC asistirán a un obradoiro de Sexualidade impartido por unha monitora do C.X.G.
  • 12 e 19 de abril: Xornadas de orientación para o alumnado de 2º de BAC. Representantes da Universidade de Vigo e da UDC informarán sobre a vida universitaria, titulacións, residencias, actividades culturais, … . As charlas terán lugar na aula multimedia  2 entre as 9:40 e 10:30.
  • 18 de abril:  Alumnado de 1º da ESO viaxará a Campolameiro para visitaren o Centro de Interpretación dos petroglifos. Organiza o EDL, en colaboración co Departamento de Historia
  • Entre o 6 e o 10 de maio 23 alumnos de 4º de ESO realizarán a viaxe de fin de etapa a Londres.
  • 23 de maio: O escritor Neira Vilas  charlará cos alumnos de 1º e 2º de ESO. Organiza EDL


story | by Dr. Radut